Descripcion

DANIEL CASARES QUARTET

ARQUICONCIERTO DE JAZZ 

Elegir fecha
El evento

Fecha de evento

VIERNES 08 de ENERO DE 2021


Tipo de evento

CONCIERTO DE JAZZ


Entrada

Precio 10€. Venta anticipada desde las 19:30 hasta completar aforo.


Lugar

NEMONON C/MARQUÉS DE RIESTRA 11,1º (PONTEVEDRA)

DANIEL CASARES QUARTET

Daniel Casares é un guitarrista nacido na Coruña. En 2018 graduouse do Berklee College Of Music con honores Summa Cum Laude. Alí estudou con músicos coma Dave Santoro, Terence Blanchard, Darren Barrett, Kenny Werner, Mick Goodrick, Tim Miller e moitos máis. Daniel liderou un set semanal no lexendario Wally’s Jazz Cafe en Boston durante máis de dous anos. En 2016 comezou a actuar como líder en Galicia e tocou en lugares coma o Café Latino, o Jazz Filloa, La Casa de Arriba, O Náutico do Grove, NEMONON, A Corte dos Bois, e o Centro Cultural de Camposancos, entre outros. Actualmente Daniel está estudando un máster de música en SOAS University of London.

 

En NEMONON, Daniel Casares presentará o seu QUARTET xunto a Xan Campos ao piano, Jose Manuel Díaz Iglesias ao baixo e Chus Pazos na batería.

O cuarteto presentará material orixinal, standards de jazz e improvisación libre. O estilo de Daniel como solista e poderoso e imaxinativo. Arraigado na tradición do jazz dos anos 50 e 60, Casares incorpora influencias do rock e emprega un son moderno. Esta ocasión será a segunda vez que o líder actúa en concerto xunto a Xan Campos, tras un exitoso concerto en 2016 no Café Savoy en Pontevedra. Campos, quen é un dos músicos máis creativos e recoñecidos da escea de jazz peninsular, aportará riqueza armónica e executará solos emocionantes. Jose Manuel Díaz Iglesias e Chus Pazos forman unha poderosa sección rítmica que interactuará enerxicamente cos solistas, creando momentos de improvisación colectiva memorables.

O aforo estará limitado a 20 persoas pero o concerto se transmitirá en directo por streaming.

Colaboradores

Patrocina

Mauro Lomba

NEMONON


Equipo audiovisual

Miguel Lage

Daniel Arano


 



volver a

Volver a nemonon