Descripcion

nos tamen navegar

CONGRESO DE POESIA DA AELG

Elegir fecha
El evento

Data de evento

Venres 6 de outubro de 2017 ás 21:00


Tipo de evento

Congreso de poesía


Entrada

Gratuíta


Localización

Sala NEMONON - (Villa Pilar) Marqués de Riestra 11, 1º planta - Pontevedra

40 anos de poesia galega

Nós tamén navegar. 40 anos de poesía galega é o título deste Congreso de Poesía organizado pola AELG, co que se pretende facer unha revisión da poesía galega nos últimos catro decenios, un exame da súa situación actual e do peso da poesía no sistema literario e na sociedade galega, tendo en conta a relevante diversidade de propostas, achegas e temáticas que mostran as diferentes poéticas existentes, e tamén analizar colectivamente os retos para o futuro.

 

OBXECTIVOS

Preténdese facer un debate aberto sobre o estado actual e recente da poesía galega, unanimemente recoñecida pola súa grande valía literaria, mais que padece unha certa invisibilidade social no seu propio territorio, o que fai máis necesario que nunca un Congreso onde se debatan diversas perspectivas sobre ela, como un punto de encontro onde reflexionar serena e abertamente arredor das experiencias vinculadas ao feito poético.

 

Dentro deste marco literario, o venres 6 de outubro terá lugar na sala NEMONON un recital de poesía e música, donde nos poderemos deleitar coa obra de poetas como Rosalía Fernández RialXulio López ValcárcelAntón LopoMaría do CebreiroBaldo RamosAna RomaníDaniel SalgadoSusana Sánchez ArinsDores Tembrás e Vítor Vaqueiro,  acompañados da música en vivo de César Morán.

 

 

Colaboradores

Organiza

Asociación de escritores en Lingua Galega (AELG)


 

Patrocina

Mauro Lomba - Arquitecto
NEMONON - Espacio Multidisciplinar creativo


Colabora

Concello de Pontevedra

 

Descripcion de la foto

volver a

Volver a nemonon