Descripcion

TEMPO TRANSFIGURADo

PRESENTACIÓN POEMARIO

Elegir fecha
El evento

Data do evento

Venres 27 de outubro


Tipo de evento

Presentación de poemario


Hora

20:00 h.

 

CESAREO SANCHEZ IGLESIAS

O próximo venres 27 de outubro ás 20:00 h. terá lugar no espazo NEMONON a presentación de TEMPO TRANSFIGURADO, o novo poemario de Cesáreo Sánchez Iglesias.

Na presentación, o autor estará acompañado pola poeta Lucía Novas Garrido e polo director de Tambo, Luis Rei Núñez. Todo isto acompañado pola música en directo do violinista Manuel Mosquera.

 

SOBRE O LIBRO
N
esta publicación, o autor emprende unha viaxe arredor da música, unha arte fráxil mais tamén poderosísima. Unha arte, asemade, indócil á representación. Velaí, por tanto, a obriga de convocar alusións: os instrumentos (sen esquecer o primeiro deles, a voz humana), as obras que teceron e tecen a banda sonora da humanidade.

 

Todo isto, cando a pegada das persoas ás que amou o autor, e que quizáis o amaron, fai deste un volumen de sentimentos e sensacións que xa foron. É dicir, un volumen de aceptación das orfandades, cando o amor debe existir o mesmo xa sen amantes. Cando o camiño interior se converte nunha aprendizaxe da soidade. Cando alguén desprega nos poemas todos os dispositivos dunha intelixencia introspectiva... É ahí onde xorte o canto de sereas.

Máis información sobre o libro: http://www.kalandraka.com/ga/faktoria-k-de-libros/nombre-coleccion/detalle-libro/ver/tempo-transfigurado/ 

Organiza

Editorial Kalandraka


Autor

Cesáreo Sánchez Iglesias


Patrocina

Mauro Lomba - arquitecto
NEMONON - espazo multidisciplinar cretivo arredor da arquitectura


Música

Manuel Mosquera


Interveñen

Lucía Novas - poetisa

Luis Rei Núñez - director Tambo

Cesáreo Sánchez Iglesias - autor

 




volver a

Volver a nemonon