Descripcion

cervatos

lucia novas

Elegir fecha
El evento

Data do evento

Mércores 28 de Febreiro


Tipo de evento

Exposición


Hora

20:00 h.


Entrada

Gratuíta ata completar aforo 



  

presentacion poemario "cervatos"

A poeta Lucía Novas presentará este mércores 28 de febreiro en Pontevedra o seu novo poemario, "Cervatos", publicado na colección Tambo do selo Faktoría K, de Kalandraka. No espazo Nemonon (Villa Pilar, rúa Marqués de Riesra nº11) estará acompañada, a partir das 20:00 horas, polos escritores Xesús Constenla e Manuel Lourenzo González, e polo director da colección Tambo, Luís Rei Núñez, ademais de contar coa colaboración artística de Natalia Umpiérrez. O gusto polas atmosferas kitsch, a beleza do efémero e a riqueza dos obxectos superfluos marcan o estilo desta obra, que bebe das fontes do viodeclip e do cinema, da música e da cultura audiovisual contemporánea.

 

A diferenza dos primeiros dez títulos de Tambo, os poemas de "Cervatos" teñen un carácter fragmentario, estando elaborados a base dun atrevido colaxe de palabras enxertadas con tino, sensibilidade e lirismo. A autora plasma un mundo urbano, nocturno e inhóspito; mais tamén recolle o pouso e a autenticidade do mundo rural. Trátase, en conxunto, dunha poética híbrida entre memoria e cosmopolitismo, que aposta pola mestizaxe entre o popular e a vangarda.

 

Tampouco elude a críica á posmodernidade, ao carácter fuxidío e fugaz dunha realidade na que se fai referencia aos individuos como fráxiles cervatos expostos ao teimudo, fascinante e implacable paso do tempo.

 

Sobre a autora:

Nacida en Bueu e licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo, Lucía Novas é docente nun instituto de Pontevedra. Na súa faceta literaria destaca como autora dos libros "Epiderme de estío" (2001, Premio de Poesía do Concello de Carral) e "Neve" (2010, Premio de Poesía Johán Carballeira). Tamén participou nas antoloxías "Das sonoras cordas" (2005), "Poetízate: antoloxía da poesía galega" (2006), "Erato: bajo la piel del deseo" (2010) ou "Novas de poesía: 17 poetas" (2014). Ademais, ten colaborado en publicacións como Grial, Dorna, PolpA, Casa da Gramática ou Escrita Contemporánea. Os premios Minerva, Universidade de Vigo e Faustino Rey Romero completan polo momento os recoñecementos que ten colleitado como escritora.

 

"Cervatos" súmase aos poemarios dos galegos Manuel Álvarez Torneiro - Premio de Poesía 2013 -, Xavier Seoane, Martín Veiga, Luis Rei Núñez e Cesáreo Sánchez Iglesias que viron a luz en Tambo, xunto coa obra do catalán Antonio Marí e do vasco Joseba Sarrionandía, entre outros autores.

 

 

Colaboradores

Autora

Lucía Novas


Organiza

Editorial Kalandraka


Patrocina 

Mauro Lomba - Arquitecto 
NEMONON - espazo multidisciplinar creativo


 



volver a

Volver a nemonon